miércoles, 30 de diciembre de 2009

FELIZ 2010: ANO INTERNACIONAL DA BIODIVERSIDADE E DOS BOSQUES

Anque os desexos non se deben confundir coa existente e/ou previsible realidade; é polos desexos polos que os seres humanos loitaron, que o animal humano converteuse en "aprendiz de bruxo" sobre a Terra. Envíovos esta felicitación que chegou e que aproveito para deserxarvos feliz aninovo 2010. Que a forza da utopía sempre nos acompañe. Luís.


lunes, 7 de diciembre de 2009

PRESENTACIÓN

Este é o blog inicial de Luís, profesor de Filosofía no IES Otero Pedrayo de Ourense. Nace coa intención de ofrecer informacións, novas, avisos,... sobre as asignaturas aos grupos nos que dou clases.Tamén servirá como punto de entrada aos outros distintos blogues, que -referidos a distintas asignaturas durante distintos cursos académicos se van desenvolvendo.

Tamén a miña páxina de you tube: http://www.youtube.com/user/luismartinezcostas. Nela iredes atopando vídeos sobre distintos aspectos dos contidos das asignaturas de filosofía, así como algunhas teimas ("filias", en todo caso). Sobre todo, tentarei ir introducindo distintos vídeos para recrear unha HISTORIA DA FILOSOFÍA en formato audiovisual. Tamén, obviamente, terán moita importancia os contidos referidos á filosofía da ciencia e da tecnoloxía.

Á parte de estar recollidos en Filópolis (blog especialmente pensado para os alumnos de Filosofía e Cidadanía de 1º de Bacharelato), tamén poderedes atopar en http://www.slideshare.net/luismartinezcostas o conxunto dos traballos dos vosos compañeiros e compañeiras que foron producindo en presentacións de power-point ao longo dos cursos 2008-2009 e 2009-2010.

Por se for preciso, eis a miña dirección de correo electrónico: luismartinezcostas@gmail.com/.  

Ata outra. Luís.